O traballo de Vevi Systems durante anos en empresas de diferentes sectores, seguindo a nosa filosofía, traballando da man coas empresas, implicándonos na toma de decisións, e na mellora dos seus procesos en base a solucións informáticas, permitiunos desenvolver varios produtos fora do sector sanitario. Como dicimos, estas solucións que presentamos son o traballo de anos en múltiples empresas de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional.

Work Cyclops

É un produto software SaaS que permite o control integral de obras, mantemento e actuacións dende a oficina. O nacemento de Work Cyclops aparece da necesidade de realización de obras e instalacións en zonas afastadas das oficinas da nosa empresa, sumada á utilización, en ocasións, de empregados externos, é o que fomentan que comecen a aparecer dificultades de organización e control.

Work Cyclops permite definir a documentación asociada a cada cliente e obra concreta, tanto un mesmo como o persoal técnico pode observar dende as oficinas como está cada obra en cada momento, que documentación foi entregada ou en que punto do proceso se atopa cada empregado, todo isto e moito mais sen moverse do despacho, podendo todo iso comunicarllo e mostrarllo en tempo real aos clientes ou provedores. Ademais, poderás ter os teus contactos de proxectos e mantementos de forma unificada, realizar avisos e envíos aos teus clientes e provedores, xestionar as incidencias ou non conformidades, ou realizar unha completa análise sobre os datos xestionados.

Actualmente é unha solución empregada en múltiples empresas de mediano e gran tamaño, empregándose tanto como ERP principal, como de ferramenta de apoio integrada co seu ERP. Ademais, a potencia e flexibilidade de Work Cyclops permítenos adaptala facilmente ás necesidades de cada cliente, pasando de ser unha ferramenta xeneralista a unha aplicación interna, taylor made e por tanto totalmente adaptada á empresa e os seus procesos.

GeoDbSurvey

GeoDbSurvey é unha solución multidispositivo pensada para simplificar o levantamento en campo, que permite traballar dende calquera parte e en calquera momento, sen necesidade de preocuparse polos aspectos técnicos, pola análise manual, ou polas copias de respaldo ou outros problemas de seguridade. Ademais conta cunha plataforma de xestión web para definir libremente as túas campañas, así como monitorar, analizar e exportar os datos e recursos colleitados.

A solución GeoDbSurvey permite definir as túas bases de datos empregando múltiples tipos de datos, podendo crear infinidade de bases de datos, recursos e atributos, e traballar con varias campañas de forma simultánea, aforrando tempo e diñeiro. Podendo realizar a recolección de datos tanto se existe conexión a Internet, tendo unha sincronización de datos instantánea, como se non temos Internet e a sincronización de realizará cando dispoñamos da mesma.

Actualmente GeoDbSurvey emprégase en diferentes empresas de instalación e mantemento de diferentes sectores, así como para axudar ao inventariado de concellos.