VEVI CARE

Vevi Systems é unha empresa centrada no desenvolvemento de produtos propios baseados na nube. Destacamos polo noso carácter innovador en diferentes sectores, estando especialmente enfocados no sanitario, conseguindo levar ás empresas os últimos avances en tecnoloxías e servizos.

Vevi Care é a marca de Vevi Systems que aglutina as diferentes solucións sanitarias que ofrecemos. Asesorando a centos de empresas do sector sanitario, en España e outros países, as solucións software de Vevi Care son unha garantía para ti e para o teu negocio.

Por iso, dende Vevi Care propoñémoste que te centres no teu traballo diario, onde poidas achegar valor e crear negocio, e nós encargámonos do resto, poñendo nas túas mans soluciones sinxelas, modernas e áxiles que mellorarán os teus procesos e a xestión dos mesmos.

As solucións de software sanitario de Vevi Care son empregadas actualmente por miles de clientes en todo o mundo, tanto por pequenas como por grandes empresas, tendo como nexo común o feito de que se axustan á perfección ás súas necesidades e procesos diarios.

Vevi Dental

É unha innovadora solución que leva á nube a xestión integral dun laboratorio dental (xeneralista, prótese fixa, ortodoncia, etc... ), ou centro de fresado.

Vevi Dental destaca polo seu fluxo dixital que permite unha comunicación continua de empregados, cliente e provedores de forma totalmente integrada e controlada. Ademais, entre outras moitas cousas, permite: controlar e planificar os traballos, cumprir coa lexislación sanitaria, realizar a facturación, xestionar o almacén, enviar e recibir mensaxes, imaxes, arquivos CAD/ CAM, e moito mais.

Todo iso de forma sinxela e dende o mesmo lugar. Grazas á nosa visión integral, os laboratorios poderán mellorar substancialmente a súa xestión, o que repercutirá nun aumento da produtividade e os beneficios.

Actualmente Vevi Dental é empregado diariamente por miles de laboratorios en todo o mundo, dende España ata Chile, Francia ou Brasil e Inglaterra por destacar algúns países, permitindo xestionar e procesar diariamente miles de próteses e tratamentos sanitarios. Este forte posicionamento permítenos coñecer e desenvolver continuamente melloras e necesidades que permitan novamente facer de Vevi Dental un produto completo, áxil e innovador.

Vevi Clinic

Software cloud para a xestión áxil e integral dunha clínica dental, permitindo traballar dende calquera parte, desde calquera dispositivo, e en calquer momento, deixando de lado calquera preocupación por aspectos técnicos como a instalación ou actualización do software, as copias de respaldo ou outros problemas de seguridade.

É unha solución concibida dende a súa creación para aumentar a produtividade da clínica e o seu equipo, axudándolle a mellorar os procesos e a rendibilidade da mesma. Ademais, Vevi Clinic permite cumprir facilmente coa lexislación sanitaria, controlar e planificar as citas, xestionar tratamentos e orzamentos, realizar a facturación e o control de cobros, así como xestionar o almacén, os gastos, interactuar cos laboratorios dentais e provedores, etc...

Vevi Academy

Vevi Systems sempre tivo como obxectivo conseguir que as empresas melloren a súa xestión e procesos desenvolvendo produtos software que axuden a iso.

Baixo este obxectivo, Vevi Systems da un paso mais para axudar ás empresas en dita mellora creando Vevi Academy. Despois de asesorar a centos de empresas do sector, tanto de pequeno como mediano e gran tamaño, e tanto en España como noutros países, con Vevi Academy ofrecemos ás empresas unha formación personalizada onde ensinaremos como organizar e controlar a empresa, a saber onde mirar en cada momento e a propoñer solucións enfocadas. En definitiva: a modernizar e mellorar cada empresa, mellorar os procesos, aprender a analizar os datos e as consecuencias que sacamos deles, obtendo como resultado final conseguir aumentar os beneficios da empresa.

Caregement

Mellora a túa clínica médica, a súa xestión e os seus procesos, reducindo a carga administrativa do teu negocio e centrándote no que realmente importa. Con Caregement poderás traballar desde calquera parte e dispositivo, tendo sempre os teus datos a salvo, esquecéndote dos aspectos técnicos como a instalación ou actualización do software, as copias de respaldo ou outros problemas de seguridade..

De forma sinxela e clara poderás, entre outras cousas, ter unha visión análitica da túa clínica, realizar campañas de márketing realmente enfocadas e éxitosas, así como realizar unha xestión completa do día a día da túa clínica, como pode ser xestionar citas, calendarios, orzamentos, facturación, etc..