En Vevi Systems o noso principal obxectivo é dotar aos nosos clientes de solucións tecnolóxicas 20., modernas e innovadoras, que lles permitan gozar das enormes vantaxes que trouxo consigo a revolución tecnolóxica das últimas décadas. Solucións tecnolóxicas asentadas sobre o modelo de Software as a Service, que permite aos nosos clientes gozar dos beneficios da tecnoloxía sen preocuparse polos seus inconvenientes.

A experiencia de moitos anos, miles de clientes e proxectos, permítenos desenvolver software que permita ao cliente centrarse só no seu negocio, e levando ao máximo a produtividade da súa empresa. Participamos dende a análise das necesidades e o deseño da aplicación, tendo en conta os problemas xa existentes e anticipándonos a posibles problemas que poidan aparecer, participando co cliente da toma de decisións, chegando así a conseguir solucións empresariais óptimas.

As solucións que ofrecemos aos nosos clientes caracterízanse polos seus altos niveis de calidade, baseándonos nos 4 principios Vevi Systems, fundamentais en calquera dos nosos produtos: innovación, seguridade, usabilidade e fiabilidade.

Innovación

Achegará solucións máis modernas, eficientes, áxiles, fáciles de manter, de usar e moito máis duradeiras no tempo.

Seguridade

Dende o comezo do deseño e o desenvolvemento pénsase en crear unha solución segura dende todos os puntos de vista.

Usabilidade

Cremos firmemente en que o éxito dunha aplicación, do uso da mesma, e da axilidade dos procesos empresariais, vai da man coa usabilidade da mesma.

Fiabilidade

Para unha empresa a fiabilidade das aplicacións para os seus procesos é algo básico. En cada iteración e prototipo realizamos infinidade de probas que aseguran a robustez e seguridade de cada produto entregado.

EXPERIENCIA

En particular en Vevi Systems estamos especializados no desenvolvemento de proxectos tales como:

Aplicacións de xestión adaptadas ás necesidades concretas de cada empresa: CRMs, ERPs, xestión documental, integración con tecnoloxía propia ou obsoleta, etc.

Sistemas de monitoraxe e supervisión e control de procesos: especialmente solucións baseadas en tecnoloxía móbil.

Aplicacións baseadas en mapas e xeolocalización: levantamento de recursos, tracking e seguimento de vehículos e persoas, etc.